Deportes Vigo al minuto

Andrea Rica, na Copa do Mediterráneo en Túnez

A viguesa Andrea Rica.
A viguesa Andrea Rica.

A Federación Española de Taekwondo vén de convocar a Andrea Rica para participar esta fin de semana na Copa do Mediterráneo que se celebrará en Hammamet, en Túnez. Unha convocatoria de última hora para a viguesa, que inicialmente tiña previsto acudir ao Open de Croacia coa Federación Galega, pero que mudou de destino, xa que este torneo permítelle seguir sumando puntos no seu ranking internacional.

Rica intentará acadar un bo resultado e seguir na mesma liña de actuación xa pensando nos próximos Xogos Olímpicos.

Mentres, Fani Hernández e Juan Fernández viaxarán esta fin de semana a Croacia, onde permanecerán unha semana adestrando xunto aos equipos nacionais croatas, de alto nivel competitivo.

También te puede interesar