_agenda Agenda

Revolución no Verbum

verbumSe non sabes que facer hoxe, festivo e Día de Defuntos, dámosche unha idea: se o tempo non está para pasear por Samil sempre poder ir ao Verbum-Casa das Palabras e desfrutar do último día da exposición ‘Brais Pinto. O afiador revolucionario’.

Trátase dunha mostra que ten como obxectivo principal dar a coñecer e afondar no traballo do colectivo Brais Pinto, unha das agrupacións culturais e políticas máis destacadas do nacionalismo galego no último terzo do século XX e da que formaron parte nomes fundamentais da literatura galega, como Uxío Novoneyra.

Como xurdiu

Nace a finais dos anos 50 formado por un grupo de estudantes galegos de ideoloxía esquerdista que nese momento estaban en Madrid: Xosé Luis Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Ramón Lourenzo, Herminio Barreiro, Manoel María… Ademais de organizar faladoiros, actividades culturais e crear unha editorial, os seus membros evolucionan teoricamente cara o marxismo e neles comeza a madurar a idea de formar un novo partido nacionalista de esquerda superador do piñeirismo.

Nun comezo, as bases ideolóxicas do que ía ser a organización eran vagas, consistentes en reactualizar o legado do Partido Galeguista e darlle unha nova orientación ao nacionalismo galego. O grupo non puido sobrevivir polas súas propias diversificacións e no 1964 desapareceu, pero quedou constituído nun referente para as loitas nacionalistas de Galicia e, sobre todo, foi semente dunha xeración de importantes artistas e dun amplo labor cultural.

También te puede interesar