RGPD - Cookies
Galicia

Máis de 31.000 agricultores, á espera de cobrar a axuda por explotación nos vindeiros días

agriculturaPagos adiantados polas dificultades financieiras e de fluxo de caixa. É o que pediron algúns países da Unión Europea, entre eles España, para os agricultores, que recibirán as axudas entre o 16 de outubro, en lugar de esperar ao 1 de decembro, data inicial establecida para o pago da axuda do réxime de pago único por explotación para este sector no 2010. Nos vindeiros días 31.238 agricultores recibirán un total de 40,4 millóns de euros que a Consellería de Medio Rural repartirá a través do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Será o correspondente ao 50% do importe total das axudas relativas ao pago único desligado da produción, mentres que a metade restante se recibirá xunto con outras axudas a partir do 1 de decembro de 2010 e antes do 30 de xuño de 2011. A maior parte de transferencias sitúase nas provincias da Coruña (37,7%) e Lugo (36,4%), que tamén se levará a maior porcentaxe do importe (43,7%).

Os pagos son para aquelas solicitudes para Administración ten rematados todos os controis administrativos e inspeccións sobre o terreo, polo que os agricultores que teñan a solicitude da axuda correspondente pendente dalgún destes controis non recibirá agora este anticipo. O FOGGA informará deste pago aos agricultores que teñen facilitado un número de teléfono móbil á Consellería, enviando unha mensaxe SMS indicando na mesma o importe e o tipo de axuda transferida.

También te puede interesar