RGPD - Cookies
_agenda Agenda

A maxia, a un palmo das túas mans

Ramón García.
Ramón García.

Cartas que trocan de cor, moedas que desaparecen e reaparecen nas mans do espectador, billetes que multiplican o seu valor… son só algúns dos pequenos miragres aos que se enfrentarán todos aqueles que se atrevan a acudir esta tarde (18 horas) ao auditorio municipal para disfrutar de ‘Nanomaxias’, o espectáculo máis máxico da compañía Ramón García.

Un espectáculo con cousas pequenas e emocións fortes, coa maxia máis sorprendente e cun ‘show’ creado para divertirte con historias máxicas e surrealistas do Mundial de Fútbol, dos caníbales do Amazonas ou da viaxe á Lúa do comandante Bouzas. O precio, 5 euros para adultos e 3 para rapaces de ata 12 anos.

Atréveste?

También te puede interesar