RGPD - Cookies
Comarcas

Vilar está ‘infestado’ de desperfectos

Parte do Camiño de Santiago ao seu paso por Vilar de Infesta.
Parte do Camiño de Santiago ao seu paso por Vilar de Infesta.

Por alí pasa o Camiño de Santiago, pero os seus veciños sufren os problemas máis variados. O grupo municipal do PP de Redondela ven de denunciar o abandono da zona, no que o saneamento está a causar problemas: unha estación de bombeo recén instalada deixou de funcionar e provocou a acumulación de augas fecais e a súa saída ao exterior encharcando varios metros da ruta Xacobea entre Chan de Pipas e Santiaguiño. Noutras zonas, as tapas dos rexistros non están ben instaladas e co paso dos coches rematan por afundirse e crear fochancas e roturas do firme.

Lavabo_servizosPor outra banda, as fontes e afloramentos de auga do val do río Maceiras están nun estado lamentable debido a que as obras de saneamento romperon os nacentes de auga, que deixaron valeiros tamén lavadoiros. Ademais, infraestructuras deportivas como o campo de fútbol do Atlético de Vilar, que milita na terceira división autonómica, están «en estado vergoñoso»: carece de casetas, ten un firme de terra cheo de fochancas e os servizos están totalmente abandonados.

Lavadoiro

También te puede interesar