RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Tecnoloxía ‘made in’ Galicia nas JAI 2010

O coordinador das xornadas, José Ignacio Armesto.
O coordinador das xornadas, José Ignacio Armesto.

Noemí Rey/Universidade de Vigo/Autobuses híbridos, robótica ou o recoñecemento facial en zonas de seguridade. Estes serán algúns dos temas das IV Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, JAI 2010, que reunirá entre o 15 e o 19 de novembro no Centro Social Caixanova a unhas 600 persoas entre investigadores e investigadoras, profesionais, docentes universitarios e de FP e alumnado dos últimos cursos de carreiras técnicas de Galicia e do Norte de Portugal e con máis presenza empresarial que nunca.

Cun ano de retraso “pola crise”, agora a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais promete unha xornada inaugural cun invitado de luxo: a empresa galega Castrosúa, que ten nas súas mans o primeiro autobús híbrido español, fabricado integramente en España con capacidade para 40 pasaxeiros e unha autonomía de 300 quilómetros. Pero no acto de apertura tamén estará un vello coñecido da Univesidade de Vigo, Juan Ramón Rodríguez, director de servizos técnicos de PSA Peugeot Citroën e alumno da primeira promoción de Enxeñeiros Industriais. Será a quenda para falar da evolución da automatización no sector da automoción, non só nos vehículos, totalmente informatizados, senón tamén no proceso de produción.

A xornada internacional chegará o xoves da man de catro poñentes europeos. Entre os máis destacados, Stefan Korf, enxeñeiro de Harting, visionario dunha nova tecnoloxía industrial que pode revolucionar a automatización ou as dúas asociacións internacionais de estandarización. Como curiosidade, a da universidade alemana de HTW des Saarlandes, na que a de Vigo ten varios estudantes en Erasmus, e que a pesares de asistir como poñente abonou a cuota de inscrición.

Os preto de 600 asistentes que se esperan nas xornadas estarán acompañados de xeito virtual dun maior número de interesados. Como xa ocorrera na última edición, as conferencias serán retransmitidas en directo pola UvigoTv, algo que en edicións anteriores permitiíu que asistiran aos relatorios tanta xente de xeito virtual como direto.

También te puede interesar