RGPD - Cookies
Deportes Galicia

Tres gallegos van a México a celebrar o Bicentenario… de taekwondo

O vigués Fernando Rascado. Foto: José Cid.
O vigués Fernando Rascado. Foto: José Cid.

Dous vigueses e unha arousana serán os representantes de Galicia nas terras de Pancho Villa. Fernando Rascado e Andrea Rica, do Tao de Vigo, e Lúa Piñeiro, do Olimpic Vilagarcía, participarán na Copa Bicentenario de Taekwondo o vindeiro 16 de outubro na localidade mexicana de Querétano, cara onde parten hoxe.

Deste xeito Galicia aporta tres dos oitos deportistas españois que acudan a esta cita internacional na que participarán as seleccións de España, México, Chile e Corea. Ademais, os días previos celebrarase o selectivo nacional júnior de taekwondo, no que participarán 2.500 taekwondistas.

También te puede interesar