RGPD - Cookies
Galicia

Dous mortos nas estradas galegas na primeira parte da ponte do Pilar

Comeza con mal pé a ponte do Pilar en Galicia. Só entre as 15 horas da tarde do venres e o domingo, dúas persoas faleceron nas estradas en sinistros de tráfico, mentres que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que atender a outros 89 feridos en 62 accidentes.

O sábado foi o día máis crítico, con 24 incidentes. E de novo Pontevedra foi a que rexistrou a cifra máis alta das estatísticas, coa metade dos sinistros durante os desprazamentos destas datas, seguida de A Coruña (25,8%), Ourense (14,5%) e Lugo (9,6%). Outra fin de semana máis o 54 por cento dos atendidos foron homes e un 48 por cento tiña entre 20 e 39 anos.

En total, 65 feridos tiveron que ser trasladados a centros hospitalarios, mentres que en catro ocasión foron levados a centros de saúde, 18 foron atendidas no mesmo lugar do sinistro e 2 faleceron no acto.

También te puede interesar