RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Esta tarde todo é puro teatro

Rosalía, a pulga que escribía de Galitoon.
Rosalía, a pulga que escribía de Galitoon.

Terás que poñerlle paciencia para llegar aos sitios, a choiva ralentiza todo o tráfico, pero merecerá a pena. Tres obras de teatro para todos os gustos en Vigo e Tui. Pinga Teatro chega ás 19 horas ao Centro Cívico de Teis coa súa obra ‘Ego’, para público adulto. Uns 70 minutos de teatro nos que un pintor pechado no seu estudio fai repaso da súa vida, aliándose cunha cámara de vídeo, para dar fe a si mesmo e gravar unha e outra vez a verdade de todos os aspectos da súa vida, sacando o seu máis egoista, ás veces perverso, ás veces infantil e manipulador.

Ás 21 horas será a quenda da compañía Malasombra, que leva ao auditorio municipal a obra ‘Go on!!’. Con Jose García e Xoque Carbajal no elenco, a obra relata o novo reto da humanidade despois da chegada do home á lúa: a chegada do home a Galicia. No ano 25 despois de Gayoso, dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea. O prezo da entrada: 7 euros.

En Tui

Se non che importa ir un pouco máis lonxe, o teatro municipal de Tui ofrece dobre sesión (18 e 20 horas) para toda a familia coa nova obra de Galitoon, ‘Rosalía, a pulga que escribía’. Con aforo para 200 persoas, os monicreques  contarán a historia dunha pulga que cada día escribía aos seus amigos a toupa, a xirafa, o elefante… e todos teñen que pedirlle ao carteiro, o canguro, que llas lea. Todos reciben a carta convidándoos a unha festa na sía casa, todos excepto ao carteiro, xa que é unha festa sorpresa para el.

También te puede interesar