RGPD - Cookies
Galicia

O Estado paga o aluguer a máis de 18.500 mozos galegos

alquiler-viviendasAlgo máis da metade das solicitudes acabaron convertidas nunha trasnferencia bancaria de 210 euros todos os meses por parte do Estado. Dende a súa posta en marcha hai xa tres anos, 18.589 mozos galegos (0 7,3 por cento do total estatal) disfrutan da renda básica de emancipación coa que o Goberno central pretendía fomentar a independenza dos rapaces axudando co aluguer.

Das 30.843 solicitudes que se presentaron, preto de 20.500 foron aprobadas, aínda que tiveron que rexeitarse algo menos de 2.000 tras comprobar o pago do aluguer por parte do solicitante. Máis do 56 por cento dos beneficiados son mulleres, que se deixan pouco máis do 16 por cento do seu soldo en emanciparse, a cifra máis baixa de toda España tras Extremadura.

Os mozos galegos pagan preto de 400 euros de aluguer. A Coruña é a provincia na que máis rapaces reciben a renda básica de emancipación, con preto de 8.000 subvencións, seguida de Pontevedra (6.068), Ourense (2.450) e Lugo (2.097).

También te puede interesar