RGPD - Cookies
Galicia

Os que queiran deixar as caixas galegas xa poden poñer o seu nome na lista

O 1 de decembro estreará nome, hoxe estrea pacto laboral. Caixanova e Caixa Galicia acaban de asinar cos sindicatos CCOO e CSICA, que aglutinan ao 65% dos 7.700 traballadores de ambas caixas, o documento no que se recollen as medidas para  reestruturación dos cadros de personal do xeito «menos traumático posible» e os de converxencia das condicións laborais dos empregados da futura entidade, que polo de agora manterá a xornada e horario laboal de Caixanova e o réxime de préstamos de Caixa Galicia.

Entre as medidas de reorganización de carácter voluntario destacan o plan de prexubilación de máis de 1.200 empregados con máis de 55 anos con un 85 por cento da retribución bruta fixa anual, baixas incentivadas cunha indemnización de 45 días de salario por ano cun máximo de 42 mensualidades ou reducións de xornada do 50% cun axuste equivalente de salario durante dous anos.

Tamén figuran a suspensión de contrato compensada co 20 por cento do salario durante tres anos ampliable a 5, momento no que se terá dereito a incorporarse á empresa ou a rescindir o contrato coa correspondente indemnización. E a mobilidade xeográfica cando non se poda evitar o traslado a menos de 25 quilómetros da oficina de orixe ou do domicilio do traballador compensarase con entre 6.000 e 24.000 euros xunto cunha axuda de 7.500 euros para o cambio de vivenda se fose necesario.

También te puede interesar