Galicia

Case 3.000 persoas pisan cada día os parques naturais de Galicia

Seis parques naturais e un parque nacional, algo máis de 49.000 hectáreas nas que están incluidas as Illas Atlánticas, un dos ecosistemas marítimos máis valiosos do dominio atlántico español. E por eles se estima que a finais de este ano haberán pasado preto dun millón de visitantes, un tercio deles polo Parque Nacional das Illas Atlánticas, que rexistrará a súa maior marca nos seus oito anos de existencia.

Uns espazos naturais con 58 hábitats identificados, o 80 por cento do total da comunidade, a Xunta quere potenciar as visitas ordenadas aos parque nacionais e aos seus centros de interpretación, como o de que hoxe se puxo a primeira pedra en Eirasvedras, en Ourense. O centro servirá de instrumento de alto valor educativo para que a sociedade entenda e comparta os problemas ambientais con temas como a biodiversidade, o cambio climático, o ruído ou a responsabilidade ambiental de interese no ámbito de posgrao e na formación laboral, avalado nos últimos tempos pola nova dinámica da universidade emanada do Plan Bolonia.

También te puede interesar