Deportes

Tres medallas galegas no Open británico de taekwondo

Unha prata e dous bronces. Javier Sieira, Raúl Bouzas e Borja Ríos conseguiron medallas para o taekwondo galego no Open Británico que se celebrou esta fin de semana en Manchester. Raúl Bouzas e Borja Ríos chegan a casa cunha medalla de bronce, mentres que Javier Sieira disputou a final fronte ao medallista olímpico iraní Josef Karami e tivo que conformase cunha magnífica prata, fronte ao un competidor cun curriculum envexable.

Borja Ríos acariñou a final, e durante boa parte do combate a tivo ao alcance da man. Ía gañando ao representante e Portugal por 8-3, pero catro amonestacións e unha acción arriba acabaron coa súa ilusión. Pola súa banda, Raúl Bouzas caeu nas semifinais fronte a Irán por un apertado 6-4.

O Open británico tivo un altísimo nivel, no que participaron equipos profesionais de Corea, Irán, Francia, China e Inglaterra. A selección galega, neste inicio de tempada, amosou un bo nivel, xa que varios dos seus integrantes lograron meterse nos cuartos de final. Desta forma, Angel Parada gañou a Jordania na primeira ronda e perdeu despois contra Irán; Pablo Carou gañou o primeiro combate contra Suiza, pero perdeu na segunda ronda, mentres que Juan Fernández gañou ao representante de Israel, pero caeu contra Francia.

O equipo feminino non cosechou medallas. Lúa Piñeiro perdeu no punto de ouro contra Suecia, mentres que Katia Calvar caeu contra a representante británica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.