Cultura Galicia

O pensamento aíllase en San Simón

Performance literaria, tango e intervención dixital e pictórica. É o que acollerá esta fin de semana a illa de San Simón, que se converte durante dous días e gracias ao programa creativa no privilexiado esceario para o encontro multicultural ‘Palabras na Illa do Pensamento’. Un foro no que reflexión e arte se fusionarán coa participación do escritor Manuel Rivas, o poeta Carlos Oroza e o pintos Vilas-Bugallo, entre outros artistas e músicos.

Unha aposta polo chamado ‘spoken word’, considerado o xénero do futuro, no que teñen cabita tanto a música como a literatura e a pintura con recitais a partir das 18 horas gratuitos e abertos para o público. Para asistir só se ten que facer a reserva do transporte marítimo que se habilitará para chegar á illa e que sairá do porto de Vigo ás 17 horas. Faite cunha praza chamando ao 902 022 537 ou enviando un mail a [email protected] ata encher o barco.

Que verás?

O sábado, Manuel Rivas presentará unha performance literaria e musical da súa novela ‘Os libros arden mal’, ambientada na Guerra Civil, acompañado polo cantante de tangos Marcos Meléndrez, o guitarrista Gastón Rodríguez e o gaiteiro, cantante e serruchista Pulpinho Viascón. Palabras, música e imaxes van construíndo un espazo de reexistencia e de memoria sensorial sobre as cinzas da desolación. O punto de partida do relato e do espectáculo é un episodio real: a queima de libros das bibliotecas populares na dársena da Coruña, en agosto de 1936, e vai seguindo o rastro do fume que desprenden as fogueiras, ata que nas esquinas da historia dramática da cultura escóitase o clamor de tangos, a melancolía indómita do mar ou o serrucho que sona como un violín.

Mentres, o domingo será a quenda da performance literaria de Carlos Oroza con ‘Alicia nas illas’ e a intervención dixital e pictórica do artista vigués Vilas-Bugallo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.