O alcalde anunciou hoxe que buscará o respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e da Cámara de Comercio de Vigo para solicitar á Xunta e ao Comité de Rutas voos desde Peinador ata Bruxelas, Londres e un aeroporto en centro Europa con conexións mundiais, como o de Amsterdam.Caballero, en declaracións aos medios de comunicación, explicou que as obras de ampliación do aeroporto vigués, cun novo aparcamento e unha nova terminal que suman uns 100 millóns de euros, deben ir acompañadas da potenciación das rutas internacionais para poder competir con Oporto, “algo que é competencia da Xunta“. Xunto ás conexións con centro Europa, Bruxelas e Londres, o alcalde reclamou unha frecuencia diaria máis con París.
Coa implicación empresarial, que a Cámara xa manifestou nunha reunión anterior do Comité de Rutas, segundo apuntou, o alcalde procura «que as entidades económicas e sociais de Vigo apoien a demanda» de rutas internacionais para Peinador. Caballero pide que «apoien económicamente» estas conexións e asegurou que «chéganos con que lle dedique soamente a metade do que lle dedicaron ao Xacobeo» para atender ao «núcleo da economía de Galicia, que é Vigo«.
