Comarcas Galicia

Sobreseído o caso contra o director do IGVS pola Plisan

Unha das pancartas para protestar polas expropiacións.
Unha das pancartas para protestar polas expropiacións.

Un xulgado de Santiago acaba de anunciar o sobreseimento libre de causa da denuncia presentada pola Asociación de Afectados da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) contra Antonio José Boné, director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, pola suposta prevaricación nunha carta remitida aos expropiados en relación co cobro dos dereitos mineiros.

O auto da xuíza encargada do caso recolle que «non existe nen xamais foi aprobado un convenio entre o IGVS e Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo en relación co abono das indemnizacións ás que teñen dereito os afectados pola expropiación forzosa para a execución da Plisan». Considera a publicación do Decreto por parte da Xunta como un paso imprescindible para a sinatura dun convenio que para ser firmado tiña que autorizarse a través do Ministerio de Fomento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.