Vigo al minuto

O goberno local afirma que rebaixou a débeda á metade investindo cinco veces máis que Porro

Raquel DíazA concelleira de Economía e Facenda, subliñou hoxe que «rebaixamos un 60% o nivel de endebedamento» do Concello desde 2005, ao tempo que multiplicáronse os investimentos.

A edil salientou a xestión do goberno municipal en materia económica, citando que o endebedamento defendido e aprobado no orzamento de 2005 era do 47% mentres que a liquidación do ano 2009 deixou unha débeda do 19%.

Raquel Díaz vencellou á caída da débeda do Concello a que Vigo sexa actualmente a gran cidade menos endebedada de España, só superado por Bilbao, que ten un réxime foral específico, e fora citada como exemplo pola ministra de Economía do Goberno de España, Elena Salgado.

Asimesmo, a concelleira contrastou a rebaixa da débeda co incremento dos investimentos municipais, que pasaron de 54 millóns de euros no mandato anterior aos 272 millóns do actual goberno local. «A nosa acción de goberno é visible e responsable«, concluíu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.