_agenda Agenda

O primeiro santo portugués ‘bendice’ Tui

O Concello de Tui acolle desde hoxe (20:30 horas) a exposición ‘San Teotonio, primeiro santo portugués’, organizada polo Núcleo Museológico de Valença froito dunha colaboración aberta entre ambos municipios. Na mostra amosarase a biografía deste santo nado en Ganfei en 1082 e morto en Coimbra en 1162, onde foi canonizado ao ano seguinte grazas ao impulso do monarca luso Afonso Henriques.

A infancia de San Teotonio está vencellada a Tui, xa que a súa terra natal formaba parte daquela diócese tudense e foi educado no mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns, onde o seu tío Cresconio era abade ata o seu nomeamento como bispo de Coimbra. Testemuña de que a figura de San Teotonio ficou ligada á vida tudense é representación que se conserva no Coro da Catedral ou nun lenzo da sacristia daquel templo tudense.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.