_agenda Agenda

Na sala Mondo, todos máis ‘Zombies’ ca nunca

O mítico grupo The Zombies.
O mítico grupo The Zombies.

Nova sorpresa do ciclo Xacobeo Importa. Unha incorporación de última hora que fará saltar do asento aos fans da música de culto: The Zombies chega á viguesa Sala Mondo o vindeiro 11 de novembro (22:00 horas), engadíndose á nómina de grandes artistas que pasaron e pasarán por un ciclo que aposta pola programación de calidade e variada, con estilos máis diversos.

Formada a finais de 1959, a banda inglesa mistura pop, R&B e algunha pincelada de jazz. Comezaron a dar forma a unha banda que deixou numerosos éxitos atemporais; agora, un dos grupos máis importantes que xurdiu nos anos 60 chega de xira a España e estrease en Galicia para repasar os seus grandes éxitos. Para os que medraron coa súa música ou os coñeceron despois, esta será unha ocasión única para poder goza cos éxitos de The Zombies.

No ano 2005 estiveron actuando en España como cabezas de cartel do Purple Weekend en marzo de 2008, a banda reuniuse en Londres para celebrar o corenta aniversario do seu exitoso Odessey and Oracle, actuando tres noites seguidas no Shepherd’s Bush Empire. O ano pasado chegaron ao festival Azkena Rock de Victoria para compartir cartel con artistas do talle de Alice Cooper ou The Black Crowes.

También te puede interesar