Galicia

Empeza a rehabilitación da fachada do Berbés coa recuperación de catro inmobles

berbésO tenente de alcalde e o concelleiro de Patrimonio Histórico, presentaron hoxe o balance do primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima da Ribeira do Berbés. Segundo destacou o tenente de alcalde, o inicio desta rehabilitación comezará coa actuación en 4 inmobles, que xa teñen aprobada a axuda municipal, e outros 6 que previsiblemente se adherirán o vindeiro ano ao proceso.

Para o tenente de alcalde, o proxecto de rehabilitación das fachadas da Ribeira do Berbés é «ambicioso«, xa que pon ao dispor dos propietarios un estudo individualizado para cada edificación que marca as obras que hai que acometer en cada caso. Recoñeceu que a súa xestión «non é fácil«, xa que supón poñer dacordo a todos os propietarios das comunidades de veciños. «Pero podemos dicir que por fin arranca este proceso de rehabilitación«, subliñou.

Na primeira fase deste proceso, comezada hai catro meses, expresaron o seu interese por acometer as obras un total de 10 comunidades de propietarios, dos que 4 comezarán xa o proceso de rehabilitación. As 6 restantes que amosaron interese en acollerse ao plan do Concello, sumaranse o vindeiro ano ás reformas.

En resposta aos medios, o nacionalista sinalou que o número total de fachadas ás que vai dirixido o plan é de 32, mentres que 16 é o número total de comunidades de propietarios afectadas. Do número global de fachadas, hai 6 que realizarán a rehabilitación mediante outro proceso, xa que son edificios en ruína. A este respecto indicou que unha destas actuacións, que afecta a tres inmobles, está pechando os últimos trámites para conseguir a licenza na Xerencia de Urbanismo e iniciar o proceso de rehabilitación integral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.