Deportes Destacados

Os adestradores de baloncesto vigueses pasan polas aulas

Técnicos, adestradores e monitores terán unha cita ineludible o vindeiro 28 de agosto no Colexio Celso Emilio Ferreiro. É a data escollida para o ‘I Clinic de Baloncesto 2010’ organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal para adicar os primeiros meses da tempada á formación destes profesionais do basket.

E como ponentes César Iglesias, Félix Muñoz e Quino Salvo, os tres Adestradores Superiores de Baloncesto cunha contrastada experiencia neste deporte, e Pablo Sánchez, preparador físico do Seis do Nadal-Coia e licenciado en INEF.

O Clinic arrincará ás 10 horas coa entrega da documentación das formacións. A temática que se tratará durante a mañá será a ‘Construcción defensiva’, que será exposta en dúas charlas prácticas de mans de César Iglesias e Félix Muñoz. Xa pola tarde, ponencias tamén prácticas sobre ‘Conceptos de ataque ante defensas zonais’ e ‘Novas tendencias no quecemento e na volta á calma en formación’, impartidas por Quino Salvo e Pablo Sánchez.

A asistencia a este I Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia validarase como6 horas de formación práctica para os alumnos dos cursos de Nivel 1 Nivel 2 da Escola Galega de Adestradores de Baloncesto da Federación Galega de Baloncesto.

O Clinic é unha actividade gratuítaaberta a todo os adestradores interesados. Só terán que enviar un correo electrónico co seu nome e apelidos así como o clube ou entidade ao que pertencen ao seguinte enderezo: [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.