Galicia

Cincocentas emerxencias pasan cada día polo 112

Máis emerxencias e menos chamadas. Os galegos comezan a facer un uso máis racional do 112, o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia, a pesar do cal no primeiro semestre deste ano xestionaron 93.113 emerxencias, preto dun 8,8 por cento máis que no mesmo periodo do ano pasado. Todo a pesares de que se recibiron un 11 por cento de chamadas menos (803.587 nestos seis meses) e que xa case desapareceron as falsas alarmas.

Incendios e salvamento e accidentes de tráfico son as emerxencias máis recollidas neste número gratuito de atención 24 horas os 365 días ao ano. En total, 29.711 actuacións estiveron relacionadas cos incendios, verquidos en estradas, ríos e mar. Séguenlle as 23.411 incidencias relacionadas con traslados sanitarios, información e evacuación a centros hospitalarios; os 15.908 casos nos que se solicitaron ás forzas de seguridade e as 9.507 incidencias por accidentes de tráfico.

Por provincias, A Coruña foi a que máis incidentes se rexistraron, con 36.450, seguida de Pontevedra (32.683), Ourense (13.386) e Lugo (10.007). As intervencións por incendios e salvamento, servizos sanitarios e requirimento das forzas da orde foron máis frecuentes na Coruña, mentres que en materia de accidentes, tanto en estradas como laborais, marítimos, ferroviarios ou aéreos entre outros, sobresae Pontevedra por riba das demais provincias con uns 3.743 casos.

También te puede interesar