RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Os propietarios das parcelas do novo hospital cobrarán as expropiacións os días 23,24,27 e 28 do mes que ven

DOGAO Diario Oficial de Galicia do pasado venres, 13 de agosto, publicou unha orde da Consellería de Sanidade na que se cita aos propietarios dos terreos nos que se asentará o novo hospital para proceder ao pago das parcelas. “O pagamento do prezo xusto soamente se fará efectivo, consignándose no caso contrario, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, e para tal efecto deben achegar”, indica o DOGA.

Os pagos faranse efectivos os días 23,24,27 e 29 de setembro, entre 10:30 e 19:00 h. no antigo Reitorado da rúa Oporto. Conforme o artigo 206 do mentado Regulamento de xestión urbanística, se o expropiado non quixese aceptar o prezo xusto, non achegase títulos suficientes xustificativos do seu dominio, existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado, ou en xeral, a Xunta consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos.

No mesmo acto, expedirase acta de ocupación que permitirá iniciar as obras dentro do prazo sinalado pola Xunta: a finais do mes de novembro.

También te puede interesar