RGPD - Cookies
Vigo al día

A Xunta inviste 1,8 millóns á mellora da estrada Canido-Samil

Samil/Tresyuno ComunicaciónA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reservou un orzamento de 1,8 millóns de euros para levar cabo unha actuación de mellora ea condicionamento da seguridade vial na estrada que une Samil e Canido, aos eu paso por Vigo. 

Infraestructuras decidiu levar a cabo esta actuación xa que na actualidade este treito da estrada PO-324, que discorre pola zona urbana de Canido, non dispón de beiravías e o firme da calzada encóntrase moi deteriorado. Para mellorar a seguridade dos peóns, así como dos usuarios desta vía, levaranse a cabo sendas peonís en ambas marxes da calzada e a reposición do firme que permitirá que o  ancho do vial chegue, en determinados puntos, a case os 10 metros.

As obras recollidas neste proxecto construtivo, que terá unha duración de 12 meses, implicarán executar melloras na rede de pluviais, polo que se instalarán tubaxes para garantir a recollida de augas pluviais, cos correspondentes sumidoiros e pozos de rexistro. Tamén será necesario actuar na rede de abastecemento, xa que os actuais tubaxes encóntranse en mal estado, ao que haberá que engadir válvulas de comporta, ventosas, bocas de rego e acometidas domiciliarias. Esta actuación rematarase coa instalación do alumeado público, así como da sinalización vertical e horizontal.

Con esta actuación tratarase de consolidar unha mellora na seguridade vial das rúas así como na calidade de uso e acabados. Este proxecto tamén permitirá ampliar os espazos destinados ao tránsito peonil e establecer uns percorridos mellor coordinados do tráfico rodado, o que redunda na humanización do entorno.

A Xunta investiu máis de 8 millóns de euros nas obras de humanización e seguridade vial nas Avenidas de Castrelos e de Florida. Grazas a esta actuación levouse a cabo unha obra de seguridade vial da PO-330 (Avenida de Castrelos), na que se investiron máis de 3,6 millóns, mentres que nas accións de mellora de seguridade da PO-552 (Avenida de Florida) o investimento foi de 4,5 millóns.

También te puede interesar