Deportes

5ª xornada de tecnificación ‘Monográfico de Tiro-Verán 2010’ do Clube de Baloncesto Seis do Nadal

 

 

 

Juan Albaladejo/Tresyuno ComunicaciónO Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará durante o mes de agosto de verán, as 5ª Xornadas de Tecnificación «Monográfico de Tiro – Verán 2010». Despois do éxito das pasadas edicións a entidade volver a celebrar estas xornadas de perfeccionamento técnico, nesta ocasión nas vacacións de verán..

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación. Nesta ocasión, especialmente da mecánica de tiro e o seu xesto, de máns dos adestradores do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e de técnicos convidados de contrastada experiencia no deporte da canastra.

A Quinta Edición das Xornadas de Tecnificación se celebrará os días 24, 25, 26 e 27 de agosto do 2010 no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes de 10:30 a 13:30 horas.

Poderán inscribirse neste «Monográfico de Tiro – Verán 2010» os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, de categoría benxamín (nados no ano 2003) ata categoría júnior (nados no ano 1993).

O prezo deste campus é de 25 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e os seus irmáns ou irmás, e de 40 euros para deportistas doutros clubs.

As prazas para estas novas Xornadas de Tecnificación son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do día 20 de agosto do 2010, a este e-mail: [email protected] ou ao fax 986227275.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.