Cultura

Nada de irse coa música a outra parte

musicosO tenente de alcalde anunciou hoxe a creación dun coro e orquestra xuvenís, que integran o proxecto Xovigo. Segundo destacou na presentación da iniciativa, na que tamén colabora a Asociación Galega de Música Atlantic Musik, o obxectivo de Xovigo é «contribuir á formación artística e académica no eido musical e artístico da mocidade viguesa» e avanzou que tras a selección de integrantes e os ensaios pertinentes, o coro e a orquestra poderán realizar a súa primeira actuación en primavera de 2011.

A finalidade é lograr que un maior número de mozos e mozas teñan a oportunidade de gozar coas diferentes opcións musicais que se desenvolven en Vigo e Galicia. Ao seu xuízo, os directores convidados para poñer en marcha o coro e a orquestra, «garanten o éxito do proxecto«.

Neste sentido indicou que o coro terá como director musical e artístico a Oscar Villar, actual director da coral Casablanca. Respecto á orquestra, explicou que o seu director artístico será Roberto Relova, ex director do Conservatorio Superior de Música e «vencellado dende hai anos á vida musical de Vigo«, mentres que o director musical será Diego Rodríguez.

No tocante ás probas de selección para participar en Xovigo, o tenente de alcalde indicou que o proxecto está destinado a persoas con idade comprendida entre 15 e 25 anos. As probas para participar no coro comezarán en setembro e segundo resaltou o nacionalista, non é preciso ter formación musical ou vocal previas. Para formar parte da orquestra, pola súa banda, as probas serán en decembro, de forma que os ensaios podan comezar a principios do vindeiro ano e a primeira actuación do coro e a orquestra no mes de marzo de 2011.

O edil tamén fixo fincapé en que os aspirantes admitidos non recibirán retribución pola súa participación no coro ou na orquestra, pero terán ao seu alcance cursos de formación, master class e obradoiros impartidos por especialistas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.