_agenda Agenda

Kiki e Bubba levánnos da man polo camiño da abstracción

Hoxe Landriña estará en moi boa compaña. Os ‘Domingos de Museo’ no Pazo de Castrelos acollen hoxe a visita de dúas simpáticas mascotas, Kiki e Bubba, que axudarán a descubrir o mundo da abstracción a todos os que queran gozar da visita dinamizada para nenos e familias no museo.

A partir das 11:30 horas e durante 60 minutos, Landriña e as súas amigas amosarán iso que se chama abstracción a través dos cadros da colección de arte galega do Pazo e intentarán descubrir o que queren transmitir os artistas con ela. Despois, un divertido xogo en salas no que se experimentará a través de formas e cores a idea do abstracto creando improvisadas esculturas.

A actividade está pensada para nenos sos ou acompañados por ata dous adultos. A actividade, de balde, ten un límite de 15 prazas.

También te puede interesar