RGPD - Cookies
Galicia

¿Queres ser o Indiana Jones á galega?

Se tes entre 18 e 35 anos, tes un lugar onde pasar un agosto de aventura. A Xunta oferta 100 prazas para catro campamentos dunha semana no albergue de Muíños de Ourense, onde disfrutar de deportes náuticos nas praias e no encoro das Conchas, como piragüismo, remo, vela… e outros deportes de contacto coa natureza no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Aínda quedan prazas libres para a segunda quincena de agosto e unha pode ser túa chamando ao 988 386 120. O prezo, 80 euros con aloxamento, pensión completa e a participación en todas as actividades programadas.

También te puede interesar