O alcalde mantivo hoxe unha entrevista co Grupo ETRA, empresa que ofrece a instalación nas comunidades de propietarios de «enchufes intelixentes» para a recarga dos vehículos eléctricos. O Concello pecha así o círculo de entrevistas para o proxecto de converter a Vigo en cidade piloto na materia, e está en disposición de formalizar ante Industria esta opción.
ETRA ofreceuse a realizar a instalación eléctrica nas vivendas e chegar a un acordo para que a carga poida ir incluída no custo da propia enerxía. Este sistema era «a peza que nos faltaba», apuntou Caballero, para o proxecto vigués, tras manter contactos cos fabricantes, tecnólogos, e a Cluster da automoción . «Temos pechado o círculo«, apostillou o alcalde e «agora é o momento de involucrar á Xunta e ao Ministerio de Industria neste proceso».
