_agenda Agenda

Se es un cabrito coidado ou acabarás espetado

Aquí hai que vir con fame: 100 cabritos asados para os 2.000 comensais que se esperan este domingo en Chenlo, en O Porriño, na II Festa Gastronómica de Cabrito ao Espeto, no que tamén poderán degustarse outros manxares ademáis de desfrutar de actuacións musicais e da boa compaña. A festa comezará ás 10 horas coa degustación de pinchos e música de gaitas, contacontos e sorpresas.

O festival gastronómico celebrarase no campo de fútbol de Chenlo, en Chan da Carreira, e para degustar do mellor cabrito será necesario inscribirse dada a complexidade da preparación do prato, que require de máis de 10 horas. Os interesados poden reservar ata o venres chamando aos teléfonos 607 775 525, 647 142 782 e 615 400 265.

De todos os xeitos, a organización espera poder atender as demandas realizadas no propio día para degustar o cabrito xunto con cachelos, empanada, vino mencía, rosca e café, ou churrasco, criollos e chourizos. O prezo será de 20 euros por ración e de 180 para o cabrito enteiro.

También te puede interesar