Cultura Destacados

Os afectados da PLISAN poñen a mesa para 201 personas

PLISAN/Tresyuno ComunicaciónCando deixaron o peche que mantiveron seis meses no Concello de Salvaterra prometeron que se darían unha homenaxe, e cumpriron…vaia se cumpriron. Máis de 200 kilos de comida para 201 personas, o capitán preparando todo dende as 6 da mañán e unha sombra o suficientemente grande coma para protexer, na medida do posible, a tanta xente dos 30 grados de hoxe.

PLISAN3/Tresyuno ComunicaciónPLISAN4/Tresyuno Comunicación

Este é o escenario da comida organizada pola Asociación de Afectados pola Plisan, nunha carballería de Freixindo, na Comunidade de Montes de Meder, en Salvaterra…imposible atopar un lugar mellor e que combinase coa empanada, xamón, churrasco, carne de terneira, criollos, polo asado, bebida, postre, café, copa e seica puro, aínda que o padriño non daría feito con tanta celebración. Eso sí, como anunciaban en Facebook, ao final o asador non foi o concelleiro de Obras de Salvaterra, nen foi de camarera a deputada Marta Valcarcel, se cadra estaban na festa popular montada preto de Pontevedra, privando aos asistentes da experiencia acadada a semán pasada na churrascada de Fiolledo.

PLISAN2/Tresyuno ComunicaciónSegundo informa a nosa correspondente no evento, ninguén botounos de menos, había moito que rir, que cantar, moito que tocar e moito naipe que barallar…eso aqueles que non aprobeitaron para durmir a sesta, como durme quen fai ben as cousas: coa boca aberta e a espalda chantada contra unha árbore.

También te puede interesar