Vigo al minuto

O buses de excursións da terceira idade “que traen tanta xente como os cruceiros” aparcarán no centro

Terceira Idade/Tresyuno Comunicación“Os excursionistas da terceira idade que veñen a Vigo son tantos coma os cruceristas que chegan ao Porto”, ese é o motivo polo cal o alcalde anunciou hoxe que o Concello traballa xa en dúas alternativas para acadar máis aparcamentos no centro da cidade para autobuses de excursionistas e para dar ter fluidez nos transbordos destes pasaxeiros.

Este foi o compromiso que asumiu cos hostaleiros que anunciaron a Abel Caballero que Vigo acollerá a asamblea de Hosteleiros de Galicia o cal supón “un paso máis de Vigo como sede de Congresos” que abrirá unha nova etapa coa inauguración do Auditorio de Beiramar.

Abel Caballero aseguróu durante a inauguración da rúa Vilagarcía, na que investironse 840.000 €, que dotará á mesma dun novo parque infantil e que colocará, “a petición dos veciños”, unha ducia de bancos máis. Esta obra, a xuizo do alcalde, segue “a tónica de humanizacións que se pode decir que xa é integral” e que seguirá por Mestre Montes, Couto de San Honorato e Oporto, rúas nas que se investirán preto de 1,2 millóns de euros.

O alcalde tamén indicou que o Concello fíxose cargo do derrubo do edificio da Rúa Real, que comprometía o paso da do Cristo e indicou que o mesmo estase facendo con especial coidado xa que trátase dunha edificación a conservar. De calquera xeito, Caballero garantiu que a zona estará en perfecto orde e con total seguridade para os milleiros de persoas que asistirán á procesión o primeiro domingo de agosto.

También te puede interesar