Agenda Cultura

Concerto á carta con Patti Smith en Castrelos

Sen un repertorio decidido e sen ter moi claro o que vai cantar. Aínda que non faltarán clásicos como ‘Because the night’, a cantante, compositora, poeta e activista Patti Smith chega o domingo a Castrelos cun concerto no que as cancións as elixe o público e que dependen moito do ánimo co que a artista viva o encontro.

A rockeira norteamericana, activista política e cun plantexamento antibelicista, podería incluso facer algunha referencia aos desaparecidos durante o levantamento militar de España cun aniversario que coincide en data co seu concerto. Será o seu cuarto espectáculo en España dentro das 7 citas previstas nesta xira pola península que a levarán a Madrid, San Sebastián e San Feliu nos vindeiros días.

Aínda que coincide con outros festexos do día, como os fogos de Bouzas, se prefires unha cita musical podes conseguir a túa entrada facendo click aquí, na Central de Espectáculos ou na propia taquilla a partir das 20:30 horas a 12 euros. A apertura de portas será sobre as 21:30 horas.

Patti Smith chega a Castrelos despois dunha xira mundial e con 10 discos as súas espaldas. No concerto estará acompañada por dous dos músicos da banda orixinal, Lenny Kaye á guitarra e Jay Dee Daugherty á batería. Ademais de estar ao baixo e nos teclados Tony Shanahan, que a acompaña dende hai 14 anos.

Considerada a madriña do punk, Patti Smith saltou á fama en 1975 coa aparición do disco ‘Horses’, un achegamento desde un punto de vista feminista e intelectual á música do momento e unha intensa actividade política contraria ao belicismo norteamericano. A súa influencia na música é indiscutible, xa que bandas como REM ou U2 teñen recoñecido á cantante americana como unha das súas fontes de inspiración.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.