Comarcas Galicia

Morre un traballador en O Porriño nun accidente laboral en festivo

Santiago Amorín da Costa, de 48 anos, morreu o luns tras un accidente laboral ocorrido pouco antes das 11 horas nas instalacións de Terrazos Riego en Atios: o seu propio irmán o atropelou cunha carretilla elevadora ao dar marcha atrás cando os dous cargaban tubos de grandes dimensións nun camión. Santiago recibirá sepultura hoxe no cemiterio parroquial de Tomiño.

Á traxedia, agora a CIG denuncia o feito de que os empregados estaban traballando nun día festivo local, xa que no Porriño celébrouse a festividade de San Bieito. Unhas horas extra obrigatorias que se fan «cando hai milleiros de parados». A confederación pón de relevo que a empresa non só abríu as súas portas durante un festivo local, senón que continuou coa actividade tras o accidente que lle custou a vida a un dos seus empregados. «Esta persoa atopou a morte cando debería de estar na súa casa coa familia», indican.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.