Vigo al minuto

O 35% dos galegos que collen o bus a diario son vigueses

Vitrasa/Tresyuno ComunicaciónVigo é a  cidade  galega que máis emprega o transporte publico. Vitrasa moveu ao 35% de todos os viaxeiros de autobús urbano de Galicia durante 2009 xa que desprazou a máis de 22,2 millóns de persoas. Pese a elo, a segunda edición do Informe de Mobilidade de Vitrasa “Movémonos en coche”pon de manifesto que en España segue predominando o uso do vehículo particular en detrimento do transporte público, este só representa o 30% do total dos desprazamentos fronte ao 50% que representa o vehículo privado.

Segundo o director xeral da concesionaria do transporte urbano de Vigo,  Juan Carlos Villarino “a pesar de que cada día os cidadáns se conciencian máis sobre a necesidade de utilizar o transporte público, o vehículo particular segue sendo o medio de transporte máis utilizado en detrimento doutros medios máis sustentables, menos contaminantes e máis económicos como o autobús».

Nos últimos dez anos, o parque automobilístico español incrementouse en preto de dez millóns de vehículos, ao pasar dos 21,3 millóns de unidades contabilizadas en 1998 aos 31,04 millóns de 2008, o que equivale a un incremento do 45,7%. O número de kilómetros perquiridos por habitante sufriu un incremento similar, duplicándose nos últimos 15 anos. Unha das principais consecuencias do tráfico é a contaminación atmosférica, os vehículos particulares originan o 32%das emisións de CO2.

Abuso do coche

O vehículo privado é o medio utilizado mayoritariamente pola xente ocupada: 6 de cada 10 españois empregan o coche para desprazarse ao seu centro de traballo. No resto dos casos son os desprazamentos a pé ou en bicicleta os que alcanzan maiores porcentaxes, situándose entre o 53% e o 71% segundo o caso.O transporte público sitúase por debaixo do 15% sendo destacado o seu uso entre os estudantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.