_agenda Agenda

Pon a habitación patas arriba no Marco

Continúan os obradoiros de verán no Marco para pequechos a partir de 3 anos, este ano entorno á mostra ’89 km. Colección CGAC’. Hoxe, o título da sesió é ‘O meu cuarto do revés’ na que, a partir do video de Diego Santomé ‘Out of Nowhere’, farase un xogo de mímica utilizando distintos trucos e imaxinando unha realidade distinta.

Despois os rapaces farán un exercicio de imaxinación pensando en cómo sería o seu cuarto se estivese do revés. E recrearano colocando a cama e a mesiña sobre a parede, o estante no teito, a lámpada no chan…

Os obradoiros celebraranse de martes a xoves durante todo o mes de xullo e será de entrada libre e gratuita ata encher o cupo de prazas, 40 por sesión.

También te puede interesar