Comarcas

Catro bibliotecas pechan en verán en Ponteareas por falta de personal

As bibliotecas ou axencias de lectura de Areas, Guillade, Ribedetea e Xinzo pecharán durante os meses de verán por falta de personal, cando en anos anteriores só o facían en agosto polas vacacións do persoal do Concello. Algo que o BNG considera «escandaloso ao ter en proporción aos habitantes e ao seu orzamento a maior plantilla de funcionarios e ser o que máis gasta en persoal».

Os nacionalistas denuncian ademais que a falta de continuidade destos centros, con peches temporais sen xustificar, leva a almacenar nas bibliotecas as novas publicacións sen codificar, ao recorte de actividades de animación á lectura e a unha molestia para os rapaces que as necesitan en época de exames.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.