_agenda Agenda

Folk e amizade fronte ao Náutico

Dezaseis horas de confraternización. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais organiza durante todo o día o acto de confraternidade nunha carpa fronte á piscina do R.C. Náutico de Vigo no que haberá moita e boa música.

Pola mañá, de 11 a 15 horas, será a quenda dos grupos folclóricos Os Trasnos da Gaita e Asubíos, Atlántida de Matamá, o grupo de acordeóns Helios de Bembrive, do grupo de gaitas Fume de Caroso de Cabral e Lareira Teatro.

Xa pola tarde, xornada continua de 17 a 03 horas con showman Alberto Cunha, co grupo Xalundes-Danzas do Mundo da A.C. O Coto, co grupo de pandereteiras e cantareiras Rueiro de Coia, os grupos folclóricos Queixumes, A Buxaina de Coruxo, Os Ventos de Comesaña, Lembranzas Galegas, Froles Novas, Andarela e Can de Palleiro e o grupo teatral Porta Aberta. E a partir das 23:30 horas, serán popular con chourizos e viño de balde.

También te puede interesar