Deportes Destacados

Fani Hernández, bronce no Universitario de Taekwondo

Chegou a primeira medalla galega no Mundial Universitario de Vigo e a pesar da medalla, no ambiente non había unha sensación de absoluta alegría, xa que o ouro parecía estar ao alcance de Fani Hernández. Pero non puido ser e a coruñesa acadou o terceiro posto e sumou unha medalla máis ao seu palmarés. Ademais, a medalla de Fani foi a única do equipo español, que no día de hoxe non tivo precisamente sorte. Mañá chegará a quenda para o resto dos galegos.

O público das Travesas esperaba con emoción o combate de Fani Hernández contra a coreana Young Sun Yun, como paso previo a esa final soñada por Fani e o taekwondo galego. Pero dende o principio, a coreana demostrou que non o ía poñer doado. Só no primeiro asalto, a coruñesa controlou o combate (2-1), aínda que nos últimos segundos desa rolda, Yun sorprendeu a Fani cunha patada á cabeza (tres puntos) e se puxo por diante (2-4). Pero no tempo de descanso, Fani conxurouse co seu adestrador Jesús Benito e saíu lanzada a remontar, quizais demasiado, xa que deixou espazos que o seu rival foi aproveitando con relativa facilidade. Neste segundo «round», Yun enlazou un golpe á cabeza e varias patadas consecutivas coa defensa de Fani baixa, pero a galega non se rendeu e seguiu buscando o seu rival e antes de finalizar os dous minutos do segundo asalto conectou un golpe á cabeza que deu esperanzas ao público Das travesas, que estaba envorcado con ela (6-9).

Non obstante, no reinicio do combate, as cousas fóronse complicando máis e máis: a coreana ía sumando puntito a puntito, mentres que a deportista da Federación Galega de Taekwondo non abandonou a loita, con máis corazón que cabeza, e ao final caeu derrotada a pesar das súas ganas (9-13).

Para chegar á semifinal, Fani antes tivo que superar á polaca Prusaczyk por 7-5, nun combate apretado, pero que controlou en todo momento, aínda que nos últimos segundo o adestrador da polaca pediu o video replay por un impacto da súa deportista, que finalmente non existiu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.