Agenda Cultura

Se fas unha curta, o primeiro festival internacional será na casa

Se che gusta o cine, gravar e tes en mente facer unha curta, que saibas que o primeiro destino pode estar á volta do curruncho. Do 12 a0 26 de novembro Vigo acolle o primeiro Festival Internacional de Curtometraxes, ‘Curtopía’, no que os interesados poderán presentar e enviar os seus filmes ata o 15 de setembro. Nace para dar continuidade a ‘Vigoaunhaedez’ e nel poderán participar mozos de ata 30 años con cintas que non duren máis de 30 minutos.

Tres categorías oficiais (videoclips, curtametraxes e documentais) que se levarán entre 800 e 400 euros se se gaña. Ademais otorgarase un galardón de 400 euros á Obra Galega, elexida entre as cintas galegas do concurso, e o premio Curtopía da Mocidade, no que os alumnos dos centros de ensino terán a posibilidade de valorar cal é a película da temporada.

Para completar o certame, obradoiros, seminarios de formación e mostras do traballo audiovisual de dentro e fóra de Galiza.

También te puede interesar