Galicia Vigo al minuto

Galicia Bilingüe e Galiza Nova vense as caras nos xulgados de Vigo

Ou esa era a intención, xa que a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, non se presentou ao acto de conciliación que tiña que celebrarse nos xulgados vigueses. No seu lugar enviou a un procurador e a un avogado como representantes. O motivo: a demanda interposta por Lago contra Galiza Nova por un presunto delito contra a súa honra, polo que pide unha indemnización de 30.000 euros.

Mentres se celebraba a conciliación, ás portas dos xulgados vigueses preto de medio centenar de persoas se concentraban para apoiar á entidade nacionalista con pancartas nas que se podía ler o lema ‘Pola liberdade de expresión. Polo dereito a falarmos en galego’.

Os feitos remóntanse ao comezo deste curso escolar, cando Galiza Bilingüe repartiu un voceiro criticando a actitude hostil de Gloria Lago cara a lingua galega ás portas do IES Santo Tomé de Vigo, onde a presidenta de Galicia Bilingüe é profesora. Os nacionalistas aseguran que esta demanda confunde «o dereito á liberdade de expresión cun suposto delito contra a súa persoa» e que «criminaliza a defensa da lingua galega».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.