Destacados Vigo al minuto

O España-Portugal, hoxe en pantalla….xigante na Praza de Compostela

Pantalla xigante na Praza de Compostela/Tresyuno ComunicaciónOs operarios acababan de instalar a pantalla xigante colocada pola Alcaldía na Praza de Compostela para que todo o que quiera poda seguir, dende as 8 e media do serán o partido España- Portugal correspondente aos oitavos de final do Mundial de Sudáfrica 2010. Aínda non se sabe se o Concello repartirá algún tipo de trebello para animar aos xogadores de Del Bosque e tampouco se o BNG estará moi conforme coa iniciativa.

Esto pode ser así xa que hai dous anos, no Parlamento de Galicia, e co asentimiento dos socialistas, os nacionalistas votaron en contra dunha proposta para que a Selección Española fose invitada a xogar un partido amistoso en Galicia e mesmo a entonces responsable de Deporte do goberno galego asegurou que en caso de enfrontamento con Portugal animaría aos nosos veciños.

Sexa como fose, o que sí estará en primeira fila ás 8 e media será o alcalde e os corresponsales de varios canles de Portugal que, ao tempo que se montaba a pantalla, despregaban as súas unidades móbiles.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.