Comarcas Galicia

Os propietarios dos terrenos da PLISAN advirten que o Porto Seco leva paralizado máis dun ano aínda que había cartos para a súa urbanización

 

 

PLISANA Asociación de Veciños da Recta remitiron un comunicado aos medios de comunicación na que aclaran que a sentencia do Tribunal Supremo sobre a PLISAN, na que aseguran que a mesma deixa craro que os culpables da nulidade do proxecto son os promotores e que os veciños “non van a asumir a responsabilidade” de que o Porto Seco leve parado máis dun ano. Lembran que dende que rematou o movemento de terras non se fixo na zona traballo algúnpese a que había orzamento para a urbanización correspondente”.

Os representantes da devandita Asociación subliman que o alto tribunal deulles á razón na defensa dos seus dereiros e que non tolerarán que ninguén os busque para “cargarnos cos colateráis” que se deriven da sentencia. Admiten que o proxecto era unha boa idea, que foi mal planificada e peor executada“. Sinalan como proba de elo que se ocupasen 700.000 m2 de solo de protección forestal por enxeñerías que se supón coñecedoras do seu traballo e esixen que se reclamen os danos e prexuízos se deriven deste erro se están a derivar. Asimesmo, aseguran que tampouco se tivo en conta aos donos dos negocios e casas que estaban no corazón da PLISAN, como amosa que se incluise máis de 2.000 novas fincas.A elo hai que angadir, continúan as ridículas valoracións inicias dos nosos bens e dereitos“.

Ademáis, acusan de “prepotencia” a actitude da Autoridade Portuaria de Vigo, perante a execución das obras de movemento de terras, en especial do seu Director Luís Lara Rubido, quen, aseguran, instigou unha e outra vez ao Intituto Galego da Vivenda e Solo para que nos botaran das nosas casas, mesmo contra o expresamente pactado nos distintos convenios, tendo que recorrer aos tribunais , quen tamén neste caso dictaron as oportunas medidas de suspensión.

También te puede interesar