RGPD - Cookies
Cultura Galicia

A presidenta de Galicia Bilingüe pide 30.000 € a Galiza Nova por ataque ao seu honor

Varios membros de Galiza Nova, hoxe, diante do IES Santo Tomé, en Vigo
Varios membros de Galiza Nova, hoxe, diante do IES Santo Tomé, en Vigo

Galiza Nova acudirá o día 1 de xullo ao acto de conciliación coa presidenta de Galicia Bilingüe, logo de que ésta denunciase á organización nacionalista por atentar contra o seu honor. A denuncia baséase na publicación nun boletín de Galiza Nova de varias opinións sobre á actuación de Gloria Lago coma profesora de inglés no Instituto Santo Tomé de Freixeiro.

Varios alumnos aseguraron que Lago facía apoloxía en contra do galego, dos defensores da lingua e, segundo os seus alumnos, comparanzas con comportamientos dictatorias. A publicación das devanditas opinións supón, segundo a presidenta de Galicia Bilingüe un atentado contra a súa honra e o seu honor e pide a retractación e unha indemnización de 30.000 €.

 Galiza Nova, por medio da súa secretaria xeral deixou craro hoxe que todo o publicado no boletín da organización “é certo”, acusou a Gloria Lago de tomar unha “decisión desproporcionada que o que amosa é “o seu comportamiento antidemocrático contra todo aquel que a critica”. Iria Aboi Ferradás subliñou que esta reacción forma parte da teima de Lago contra o galego e que trátase dunha “demanda política”, que é «tamén no que se convertirá o acto de conciciliación».

 Por todo elo, Aboi, que fixo estas declaración diante do instituto Santo Tomé “un centro de educación no que debería imperar a tolerancia”, chama a os defensores do galego a concentrarse o vindeiro día 1 diante dos Xulgados da rúa Lalín (10 h.) en solidaridade cos miembros de Galiza Nova denunciados pola presidenta de Galicia Bilingüe.

También te puede interesar