Vigo al minuto

O recorte das nóminas dos funcionarios municipais, efectiva dende hoxe

Rauel Díaz/Tresyuno ComunicaciónO Pleno da Corporación , reunido hoxe en sesión extraordinaria, aprobou modificar o Plan Económico Financeiro municipal para adaptalo ás medidas contra o déficit público decretadas polo Goberno.  Co respaldo do PSdeG e do BNG e a oposición do PP, o Pleno adoptou a decisión de incluir no documento a normativa legal do Real Decreto, modificación reclamada desde a Xunta a todas as entidades locais con Plans en marcha e, no caso vigués, cara á súa aprobación definitiva.A concelleira de Economía e Facenda, explicou que, tras o acordado hoxe, o Plan Económico Financeiro xa contempla a reducción das retribucións dos empregados públicos nun 5%, a rebaixa dos soldos dos cargos públicos un 15%, por acordo dos tres grupos políticos, e a imposibilidade de recurrir á debeda no ano 2011.

Raquel Díaz cifrou en 1,8 millóns de euros o aforro para o Concello en 2010, derivado da aplicación do Real Decreto na administración local. A propia normativa estatal estipula que os cartos aforrados irán destinados á reducción da débeda municipal, que é dun 18,5%,  «a menor do Estado”, segundo subliñou o alcalde nunga comparecencia posterior diante da prensa.

O Partido Popular criticou a «irresponsabilidade» do goberno local por solicitar creto este ano por valor de 27 millóns de euros, ao consideralo incoherente co aforro derivado da aplicación do Real Decreto, e o seu voceiro asegurou que o Plan está «plagado de erros» e denunciou o «despilfarro» do goberno.

Díazr replicou á oposición sinalando a «incoherencia» dos responsables do PP na Deputación de Pontevedra e na Xunta con «cero euros» de investimentos en Vigo e a «discriminación» que, ao seu entender, están a cometer as dúas administracións coa primera cidade de Galicia.

Pola súa banda, o alcalde estimou que en «unha ou dúas semanas» o Plan Económico Financeiro estará aprobado pola Xunta asegurou que o de Vigo é o Concello con menor endebedamento de España, únicamente por debaixo de Bilbao, que ten réxime foral, e anfatizou que as súas retribucións e as dos concelleiros cumpren «de maneira estricta» a  legalidade. Neste sento lembrou que a nómina do alcalde de Vigo “é moito menor que a doutros alcaldes de ciudades menores e sensiblemente inferior á da presidenta do Porto ou o da delegada de Zona Franca”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.