Comarcas

Folga dos traballadores que amplían o consistorio de Nigrán

Os traballadores encargados das obras de ampliación do Concello de Nigrán comezaron hoxe un paro indefinido en protesta polas condicións laborais que padecen e para forzar á dirección da empresa a readmitir ou indemnizar a un operario despedido hai días por reclamar os seus dereitos, xa que traballan 10 horas diarias a entre 6 e 7,5 euros a hora incumprindo o convenio.

O despedido presentou unha instancia na que pedía cumprir a xornada laboral que establece a normativa; a resposta da empresa foi despedilo sen pagarlle nin a nómina de maio nin a indemnización correspondente. Dende a CIG denuncian que as empresas encargadas das obras pretenden botar man de obra para traer sobre todo portugueses, que aceptan condicións precarias. Precisamente o despedido era o único galego.

Durante a concentración esta mañá diante das obras, os traballadores estiveron arropados por parados do sector da construcción. Trátase dunha campaña para denunciar os abusos que se están a cometer cos traballadores en obras encargadas polas Administracións públicas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.