Comarcas Galicia

Os afectados da Plisan analizarán con lupa calquera novo proxecto

Membros da plataforma de afectados durante o encerro no concello de Salvaterra.
Membros da plataforma de afectados durante o encerro no concello de Salvaterra.

Levan máis de sete anos de loita, pero nin a sentenza do Tribunal Supremo anulando o proxecto sectorial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves lles fará baixar a garda. A Asociación de Afectados non vai permitir que a solución a este problema “sexa a custa dos intereses dos asociados” e usarán todos os recursos dos que dispoñan para non deixar que haxa novos informes “amañados” e para que se trate o tema por parte de Xunta e Estado co mesmo rigor que o informe negativo sobre o pagamento do convenio polos recursos mineiros. En caso contrario, estudiarían por unha querela criminal por prevaricación.

Nestes intres, os seus servizos xurídicos están a estudiar se tamén se cometeu un delito medioambiental ou urbanístico polo arraso da zona de protección forestal de As Neves e, ademáis, examinarán con lupa calquera novo proxecto que se presente.

Na busca de responsables

Para os veciños, os responsables da desfeita son os propios redactores do proxecto, as consultoras CIISA e SPIM, e o goberno que o aprobou, naquel intre con Fraga ao frente. Pero tamén acusan a todos os que “incumpriron acordos e convenios durante a execución, obrigando a manifestacións e encerros e a recorrer aos tribunais para defenderse”.

Un dos casos máis sangrantes, o dun veciño que acudíu ao Supremo tras tres intentos de desaloxo da súa casa e do seu negocio, tres intentos parados polos tribunais ao considerar que non se estaba a respectar o que se tiña acordado en convenio.

También te puede interesar