RGPD - Cookies
Vigo al día

Hoxe empeza a funcionar o Bus Turístico

Bus_turistico_(1)Hoxe dará comezo o servizo de bus turístico na cidade.Trátase dun servizo dirixido fundamentalmente aos turistas que visitan Vigo e que durante o ano pasado foi emprega do por 5.275 persoas desde o mes de xuño ate setembro. A novidade e que este ano os rapaces menores de 5 anos viaxarán gratis.

Ademáis trárase do segundo ano de funcionamiento do novo vehículo que incorpora tecnología punteira co obxectivo de realizar as viaxes de modo máis agradable para os usuarios. Desde o punto de vista técnico, o autobús conta dous pisos de altura,11.967 centímetros cúbicos, 263 cabalos de potencia e Motor Euro 3. Ten sistemas de aire acondicionado e calefacción e capota corredoira no piso superior.Conta con 78 prazas. É totalmente accesible xa que posúe plataforma baixa e rampa de acceso para Persoas con Mobilidade Reducida( PMR).

Dez anos de Bus Turístico

Este ano o servizo de bus turístico cumpre dezanos en Vigo xa que comezón a funcionar no ano 2000. Trátase dun servizo que comeza a mediados do mes de xuño e finaliza no mes de setembro e durante todo o ano e sempre que recalen cruceiros na cidade.

Fai un perquirido de 22 kilómetros durante aproximadamente dúas horas pasando polos puntos máis significativos da cidade:García Olloqui- Praza Compostela -Areal-Oporto-García Barbón- Colón-Policarpo Sanz-Porta Do Sol- AlfonsoXII-Romil-Cachamuiñas-Venezuela-Gran Vía-Praza España-Couto-M. Alcedo-M.Olivié-P.Rosalía Castro-M.Olivié-Praza España–Gran Vía-Praza América-Avenida Castrelos-Circunvalación-Pontillón-Parque de Castrelos-Avenida Castrelos-Avenida Balaidos-M.de Castro-Martín Echegaray-Avenida Castelao-Avenida Europa-Samil-Museo do Mar-Avenida Atlántida-Paulino Freire-Pescadores-Beiramar-Cánovas del Castillo-García Olloqui.

O horario do servizo é de 10.00 a13.51 horas polas mañás e de 16.30 a 20.26 horas polas tardes.O prezo do billete é de 7,50 euros para adultos e 4 euros para os rapaces de 5 a 14 anos.

Asimesmo, Vitrasa ven de  participar nunha mostra de autobuses históricos cun dos primeiros vehículos da concesionaria que percorría as rúas de Vigo no ano 1968. O autobús,que foi reparado recentemente pola compañía e presentado en xaneiro deste ano con 20 novos autobuses máis, ubicouse no paseo central da Alameda de Santiago de Compostela e permaneceu alí ata este domingo. O autobús que mantén a cor azul dos primeiros vehículos conserva o número da liña que realizaba, a 7,e que unía Bouzas, Encarnación e a Carreteira de Teis.Esta iniciativa enmárcase nas IV Xornadas de Transporte e Mobilidade que se están a desenvolver en Compostela durante este semana.

También te puede interesar