Vigo al minuto

O Laboratorio Municipal analizará as augas das praias de Teis cada dous días

Praias Teis/Tresyuno ComunicaciónPese a que a competencia en materia de augas é autonómica, o alcalde indicou que os diagnósticos da auga dos areais permitirán «seguir garantindo a todos os cidadáns que as praias están en perfecto estado de uso«, unha vez Sanidade manifestou onte xoves que as augas son aptas para o baño. «Queremos ter a nosa propia garantía», deeclarou.

Caballero eloxiou o traballo dos servizos municipais na limpeza contínua dos areais de Teis afectados polo verquido -A Punta, ETEA e Mende-; «deu bo resultado» e indicou que na actualidade as praias continúan limpas de fuel.

O de Vigo é o único laboratorio de Galicia e «telo é unha garantía para todos os cidadáns«, sinalou Abel Caballero, quen destacou a calidade técnica «extraordinariamente elevada» da instalación -que verase incrementada cunha nova máquina por valor de 60.000 euros que entrará en servizo este ano- e a cualificación profesional dos trece traballadores que alí desempeñan a súa labor.

Segundo explicou o laboratorio do Concello realiza «análisis e mostras» periódicas para «garantir o bo funcionamento» dos servizos municipais. Caballero afirmou que entre as súas funcións están o análisis de augas de fontes e piscinas municipais, augas de mar se é preciso e alimentos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.