_agenda Agenda

Os rexionalistas voltan a darse un banquete en Tui

Foi o primeiro acto público da historia de Galicia desenvolvido integramente en lingua galega. Agora, Tui recupera este ano a celebración do ‘banquete rexionalista’, organizado ao abeiro do CXIX aniversario dos Xogos Florais, unha conmemoración do acontecemento cultural que tivo lugar na cidade tudense o 26 de xuño de 1891.

Naquel banquete participaron 60 persoas, entre elas Enrique Lens, Salvador Cabeza de León, Manuel Fernández Herba, Alfredo Brañas ou Manuel Murguía. Máis dun século despois, o banquete terá lugar o vindeiro 26 de xuño ás 22 horas no Parador de Turismo ‘San Telmo’. E recuperarase o menú daquela: sopa fina, raxo con cogordos, salmón á alacantina, polos salteados, langosta á rusa, pastel de pichós, filetes á xardineira, xelados, pavo con cogordos, budin con ron e pastelón á inglesa. Todo acompañado de viño vello da terriña e puros da Habana.

Os interesados en participar no banquete, que se servirá como buffet libre, poden coller a invitación no propio parados por 39 euros ou reservar chamando ao 986 600 300 ou enviando un correo a [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.